Cruceiro de Angueira de Suso

Cruceiro de Angueira de Suso - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Nepomucena Fernández Mariño

Cruceiro do tipo de cruz á beira do Camiño Portugués. Plataforma de dous chanzos de forma cuadrangular sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dous pequenos pilotes no perímetro dos chanzos na parte frontal do mesmo. Enriba o pedestal colócase o fuste ou varal que ten sección hexagonal en todo o percorrido. O capitel ten unha primeira moldura da mesma sección que o fuste, e logo un corpo totalmente cadrado e sen decoración algunha. A cruz ten sección hexagonal en toda a súa superficie, menos nas puntas dos razos que son cadrados.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER025
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Cruces
  • Lugar: Angueira de Suso
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Devesiña

Cruceiro dos Condes

Cruceiro da Capela de Santa Cruz

Cruz da Porta dos Mariños