Convento do Carme

Convento do Carme - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Javier Figueroa Iglesias

Situado no alto da Costiña do Carme que enlousada e sen asfalto por ningures, ascende até o convento. Primeiro dos Carmelitas Descalzos e despois pasou aos Dominicos a comezos do século XX, abandonándoo na década dos oitenta debido ao mal estado do edificio, quedando o seu cargo un só dominico, que é o que dá misa normalmente.

O Convento do Carme ben sendo unha boa mostra do neoclásico galego, convertido en espontáneo miradoiro sobre Padrón. Edifícase sobre rocha viva a comezos do século XVIII, coa aportación económica do Arcebispo de Quito, Alonso de la Peña y Montenegro, padronés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago e que doou 40.000 pesos para a súa fundación.

En 1715 a orde Carmelita aproba a súa fundación e en 1719 o arcebispo Luis Salcedo y Azcona coloca a primeira pedra do convento. En 1734 establécese a comunidade carmelita. As obras rematan en 1762.

Ao convento, situado na ladeira do Monte San Gregorio, accédese por unhas escaleiras labradas na rocha, até un amplo e elevado adro. O convento é de estilo neoclásico, planta rectangular, en pedra de cantaría, de tres alturas, con arcos de medio punto e fiestras no último piso. A fachada dá ao adro e por detrás á horta. O claustro é sinxelo. Na horta hai dúas fontes, de San Xosé e Santa Teresa, así como unha capela dedicada a esta última. A porta do interior conduce ao monte.

Durante a exclaustración do ano 1835 o convento pasou ao estado. O Concello de Padrón reclámao no ano 1849 e instala o xulgado de primeira instancia, o almacén do sal e un salón teatro, a igrexa estaba pechada.

En 1866 a orde de Santo Domingo presenta unha petición ao presidente do consello de ministros Cánovas, asinada por todos os deputados galegos, para converter o convento nun colexio. En 1870 inicia as actividades o colexio para segunda ensinanza, bacharelato e filosofía. Posteriormente o colexio é só para estudantes dominicos.

O interior confórmase cun corpo de tres naves e claustro entre outras cousas. A parte máis interesante é a súa fachada cun corpo central flanqueados por outros dous corpos que serían para unhas torres que nunca se chegarían a construír. O seu corpo central reproduce exactamente a disposición e organización do Real Monasterio de la Encarnación de Madrid, coa única diferenza de que as dúas fiestras, que no caso madrileño ábrense a cada lado da fornela sobre a entrada central, aquí están substituídas por dous escudos.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cemiterio vello ou dos animais de Santa Cruz

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia

Cemiterio de Adina

Casa do Eremita