O Castelo

O Castelo - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: Elixio Vieites

O Castro do Castelo é un recinto fortificado que ten unha extensión aproximada duns 110 metros no seu eixo norte-sur, e uns 35 metros no eixo leste-oeste. Está delimitado por un terraplén e un foxo, sendo o espazo habitacional de forma oval. Está nun monte de fortes pendentes a unha altitude de 178 metros. Sitúase a 800 metros ao leste do Castelo da Rocha Branca e a 1 quilómetro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AQ004
  • Outras denominacións: Castro do Castelo
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro e/ou Idade Media
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Iria Flavia
  • Lugar: Monte Castrelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065004)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

    venagalicia.gal

    Colectivo A Rula

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 do Monte Lomba

Marco da Pena das Cruces

Petróglifo Nº 2 do Porteliño

Campo da Barca