Reloxo de sol de Manselle

Reloxo de sol de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

O hórreo sitúase no patio pechado da casa nº 35, na Aldea de Abaixo.

Situado nun hórreo de Manselle, na parte traseira, apoiado no pináculo. O reloxo, feito nunha placa de granito, é de forma rectangular coa parte superior rematada en semicírculo. Non conserva o gnomon, que parece sería unha placa triangular, mentres que as liñas horarias son perfectamente visibles, enmarcadas nun círculo inscrito na pedra. Cuadrante vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

O hórreo, e por tanto o reloxo, anda polos 150 anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC029
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, fáltalle o gnomon, aínda que as liñas horarias son perfectamente visibles. A pedra, aínda que algo gastada, atópase en bo estado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal do Outeiriño

Pombal da Casa do Brañeiro

Reloxo de sol Nº 2 de Bustelo

Reloxo de sol Nº 1 de Bustelo