Pombal da Casa do Brañeiro

Pombal da Casa do Brañeiro - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado no lugar coñecido como a Banda de Tarrío, sobre o muro de peche da finca da Casa do Brañeiro situada ao pé da estrada que separa Tarrío da Banda.

Pombal de planta cuadrangular, con paredes de ladrillo recebadas e pintadas de branco e cuberta a dúas augas, con pequenas xanelas cuadrangulares baixo a cuberta na parte de diante e na parte de atrás, enmarcados por un triángulo de cemento a xeito de frontón, e que servían de repisa e de entrada para as pombas. Actualmente as pequenas ventás están pechadas con vidro. Interior con nichos de ladrillo. Está cuberto de vexetación, apenas é visible. 

Segundo conta un veciño de Tarrío, parece que a casa sería feita entre 1910 e 1920, por tres irmáns que voltaron de Bos Aires: Peregrino, Luciano e Antonio Brañeiro Rey. Peregrino e Luciano quedaron con esta casa, ficando entón a propiedade posteriormente en mans dos herdeiros destes dous irmáns.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC027
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1910
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Malo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Malo, atópase en total abandono, cuberto de vexetación.

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Reloxo de sol Nº 2 de Teaio

Pombal da Casa do Brañeiro

Pombal Nº 1 de Teaio

Reloxo de sol Nº 2 de Rial da Lagoa