Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Nunha finca con herba ao pé dunha pista asfaltada, fronte a portada de entrada ao Pazo de Tarrío.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito duns 30 centímetros de altura e cuberta de vexetación. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, a madeira en mal estado, con porta de madeira no lateral leste enmarcada por dúas columnas de pedra. Linteis de pedra con fendas horizontais, dúas en cada. Columnas e cornixa de pedra, esta moldurada e sobresaíndo un pouco os extremos tanto no penal dianteiro como no traseiro. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita con tella do país. Remates: non conserva a cruz, tan só a base cuadrangular, e pináculo piramidal estilizado sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, unha veciña consultada non nos soubo concretar a antigüidade deste hórreo, mais acórdalle alí toda a vida. Por tipoloxía debe ter máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO025
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    En bo estado de conservación. Fáltalle a cruz.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 160)

    Sendeiros de Dodro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Manselle

Eira da Lavandeira de Imo (11 hórreos)

Hórreo de Paizal

Hórreo de Lestrobe