Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No Barrio de Abaixo, nunha finca pechada.

Os soportes son catro cepas de pedra, asentando cada unha sobre unha pedra rectangular. Os gabinetes laterais están pechados con madeiras. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e con dúas portas de madeira no lado leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Os remates son unha cruz latina alta sobre base cuadrangular na parte dianteira e pináculo estilizado sen bola no lado oposto. Orientado ao NE

No 2010, a dona non tiña dispoñible a documentación. Fai anos intentaron pedir unha subvención para arranxalo, mais denegáronlla por falta de fondos. Parece antigo, de máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO144
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, o teito está en mal estado, hai un tempo foi obxecto dunha pequena reforma. A madeira está, igualmente moi deteriorada, sendo preciso mudala.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 25)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Sar

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Bustelo