Hórreo de Bexo

Hórreo de Bexo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado na Aldea de Abaixo, no lugar coñecido como Eira da Pía.

A cimentación é unha plataforma alta de cachotes de granito que salva o desnivel existente neste punto. Os soportes son catro cepas ou potros de perpiaños. Os gabinetes están abertos, empregado algún para gardar leña. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros: o do norte está pechado con cemento con 28 fendas de ventilación horizontais dispostas en catro fileiras de sete fendas; o do centro, no lateral oeste, con balaústres de madeira e unha cinta, con unha porta de madeira no lateral oeste enmarcada entre dúas columnas, unha de pedra e outra de cemento, e no lateral leste, a metade con balaústres de madeira e dúas cintas e a outra metade con cemento con catorce fendas de ventilación horizontais; e o terceiro claro, o do sur, está pechado tamén con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, o do norte con seis fendas de ventilación horizontais e o do sur sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita. Remates: no penal do norte, pináculo piramidal sobre base cuadrangular; e no penal sur, cruz alta (parece que de cemento) de sección cuadrangular sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW. 

No 2010, segundo unha das propietarias, trátase dun hórreo moi antigo, de máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería, seguramente, da década de 1920.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO107
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1920
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bexo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa introdución de materiais de construción modernos como son o cemento nos claros e a uralita na cubrición. E a madeira que aínda se conserva está en malas condicións.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 195)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Manselle

Hórreo de Tallós

Eira de Lestrobe (5 hórreos)

Hórreo de Vigo