Cruceiro de Revixós

Cruceiro de Revixós - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Localizado nunha praza do núcleo, nun cruce de 5 camiños.

Cruceiro do tipo de crucifico, construído en granito, co baseamento sobre dúas gradas cuadrangulares, a primeira semisoterrada coa subida da cota da estrada. O pedestal ten a base prismática de arestas redondeadas decorada na súa cara superior por un toro. Presenta inscrición nas súas catro caras, non pudendo descifrar a mesma, agás unha data: “.... ANO D 1713....”. O varal é de sección circular. O capitel é anelado con molduras invertidas. A cruz ten cos ángulos en chafrán e extremos florenzados. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza á dereita, coas mans abertas. Con coroa de espiñas, INRI nunha cartela e pano de pureza anoado á esquerda. No reverso da cruz ten unha Virxe co Cristo no regazo (Piedade).

Data do ano 1713, segundo a inscrición visible na cara sur do pedestal. Con actividade relixiosa (punto de parada nas procesións).

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER012
  • Outras denominacións: Cruceiro do Souto de Revixós
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1713
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Revixós
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Restaurado. Hai uns anos uns rapaces subíronse enriba e tiraron coa cruz, deixando tan só o pedestal e o baseamento.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-12)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz da Estivadiña

Cruceiro de Lestrobe

Cruceiro da Brañiña

Cruceiro do Abelán