Fonte do Pazo de Tarrío

Fonte do Pazo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Fonte que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de TarríoManuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, descríbea como segue. Enriba dos dous canos dunha fonte cantareira que deitan nuns lavadoiros, unha fornela abucinada acubilla a imaxe de Santo Antón. Xa se sabe que o santo era casamenteiro e as mozas destas aldeas que querían casar atábanlle cunha fita as sacras mans de pedra e rezábanlle baixiño polas noites para que aparecese desnoutada polo día. 

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AA069
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AC-06)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Sendeiros de Dodro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Rialiño

Muíño de Batán

Lavadoiro de Reboiras

Muíño da Sorralleira