Igrexa de San Pedro de Dimo

Igrexa de San Pedro de Dimo - Catoira - San Pedro de Dimo

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Aínda que as orixes máis antigas do templo son medievais, os vestixios artísticos máis temperáns remóntanse a comezos do século XVI. Edificio de planta rectangular, unha nave e capela cadrada. Presenta bóveda de medio canón até a liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre ménsulas con decoración de placas recortadas, nave máis alta e de igual altura que a capela, en catro formas e tramos con bóveda de medio canón, arcos faixóns sobre pilastras caixeadas en dous treitos: capela lateral esquerda moi baixa con bóveda de casetóns rectangulares formados por grosos muros que se entrecruzan até a liña de imposta. Arco de acceso de medio punto sobre pilastras, ambos acasetonados de medio punto sobre as mesmas. Ao fondo capela e altar con arco de medio punto recercado de nervios e flanqueados de dous escudos.

A súa fachada presenta porta baixo arco conopial, fornela con imaxe e fiestra rectangular, remate central con cruz, á dereita un pináculo e á esquerda torre de campanario con decoración de placas recortadas. Muro lateral con contrafortes e reloxo de sol. A capela destaca en altura con cuberta a catro augas, remata en pináculo. Capela lateral esquerda máis baixa e a catro augas. Sobre a sancristía hai un segundo piso engadido ao que se accede desde fóra.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AR004
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: Século XVI
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Pedro de Dimo
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (A_012) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Reloxos de sol de Galicia

    Entre lusco e fusco

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela de Santiago

Igrexa de San Pedro de Dimo

Ermida de San Cibrán

Igrexa de San Mamede de Abalo