Fonte e lavadoiro da Estación

Fonte e lavadoiro da Estación - Catoira - Santa Baia de Oeste

Imaxe: Arquivo Deputación de Pontevedra

Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreito coñecido como o “camiño de vacas”, polo que só pasaba un carro de gando, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos, polo que fixeron uns arranxos para amplialo, quitando o teito e a mesa e deixando só a fonte. A fonte tiña dous canos que botaban auga de miudiño, unha especie de mesa con repisa (onde apoiar as tallas, lavar a roupa ou descansar), un teito cónico rectangular apoiado en catro columnas e unhas escaleiras para acceder.

Máis adiante a fonte desapareceu por un novo aumento da estrada a finais dos anos 90, e aproveitouse para canalizar a auga até a fonte en forma de ra, feita pola Escola de Oficios de Catoira, diante da Capela de San Xosé Obreiro. Anteriormente, a auga ía desembocar até a finca de Rañó.

A zona da Estación é moi coñecida polo acuífero que se atopa no solo, do que as casas circundantes a aproveitan e teñen pozos. A fonte foi testemuña do paso da veciñanza e as súas historias das que aínda permanecen na memoria de quen viviu a súa existencia.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Tarrío

Fonte de Antelo

Fonte Gaiteira

Lavadoiro do río do Medio