Petróglifo da Finca Taleiriña

Petróglifo da Finca Taleiriña - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: Martina Miser - La Voz de Galicia

O petróglifo atópase nunha edificación da aldea de Aragunde. Está formando parte do muro dunha vivenda, mais provén dunha finca próxima, da mesma propiedade que a casa (María Luisa Loureiro), e denominada Tallariña, Taleiriña ou Tilleiriña, situada a uns 200 ou 300 metros ao norte da vivenda.

Na actualidade, a casa experimentou moitas reformas mais aínda conserva o gravado na mesma localización e unha inscrición na portada de acceso que lembra o seu antigo propietario “Jesús Riveiro”. No muro oriental que bordea a casa está, reempregado como material construtivo, un perpiaño irregular que puido formar parte do lintel da entrada á antiga casa, posúe gravados unha cruz con peaña e a data “1953”.

O gravado, que podemos ollar desde a eira que da acceso ao interior da vivenda, atópase bastante erosionado polo que só nas horas centrais do día e en xornadas solleiras podemos visualizar correctamente as gravuras na parte inferior do muro do inmoble, sitúanse nun panel vertical. Un curioso deseño formado por dúas combinacións de círculos concéntricos con coviñas no interior, integrados nunha composición maior en forma de “8” con sucos exteriores ao redor que inclúen os diferentes motivos. No exterior da composición figuran varias coviñas illadas. Un motivo que lembra outras figuras localizadas no Petróglifo do Pinar do Rei.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AQ005
  • Outras denominacións: Petróglifo da Finca Tallariña, Taleiriña ou Tilleiriña
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade de Bronce
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: Aragunde
  • Acceso a pé: Regular
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A instalación da acometida do gas atravesa horizontalmente a pedra, o que impide a súa óptima visualización.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_002-GA36010002) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira

    Sendón, A. Os petroglifos de Catoira

    Cristina Conde Escaloni

    La Voz de Galicia

    Colectivo A Rula

    Megaliticia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Camiño do Rego

Mámoa Nº 2 de Menlle

Petróglifo da Nave

Castro dos Duros