Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas

Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas - Catoira - Santa Baia de Oeste

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 1 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao seu fillo, Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa (1915-1959), naquela altura comisario de escavacións arqueolóxicas, entre outras moitas ocupacións.

En El trayecto voacional de un arquólogo, o profesor Ángel Núñez publica anotacións da axenda de traballo de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa. Unha desas anotacións dá a data exacta na que visitou catoira e incia quen foi a persoa que o orientou para chegar até o monumento megalítico: "3 de abril de 1955. Excursión a Catoira. López, el de la papelería "El Sol" me habla de conchas en la Balastrera. No las encontramos. Frente a la Balastrera otro montículo también de cantos rodados y limonita. Descubro dos mámoas y las fotografío. Tienen sepultura megalítica, saqueada. Se llama "Monte das Mámoas". Pregunto y no saben decirme el porqué de este nombre." p. 23 e 24.

Trátase dun túmulo megalítico duns 20 metros de diámetro e 1,2 metros de altura, medidas todas elas tomadas en 2006, mais que hoxe resultan de moi difícil comprobación a causa da espesura do arboredo e da vexetación. O terzo E do túmulo foi destruído con motivo da realización dunha repoboación forestal a base de castiñeiros realizada nos últimos anos. Antes, a construción dun muro de cachotaría antigo neste mesmo sector (algún dos esteos mellor dimensionados podería ter sido extraído da cámara), xa contribuíra á alteración da masa tumular.

Presenta un furado de violación central duns 3 metros de diámetro e 40 centímetros de fondo, mais na actualidade é dificilmente medible a causa da colmatación natural á que está sometido.

No centro do furado de violación son visibles 2 chantos de granito dispostos en paralelo presentando unha orientación NE-SW. O chanto situado cara o E mide 50 centímetros de anchura, 20 centímetros de groso e conserva unha altura visible de 25 centímetros. Pola súa parte, o situado cara o W mide 70 centímetros de anchura, 23 centímetros de groso e conserva unha altura visible de 25 centímetros.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AQ014
  • Outras denominacións: Mamas II ou Mámoa Nº 2 da Balastrera
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: Balastrera
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (X_014-GA36010014) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Ilha de Orjais

    Colectivo A Rula

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo do Pinar do Rei

Petróglifo da Finca Taleiriña

Petróglifo da Aglobada

Ruta do Pai Sarmiento