Mámoa Nº 1 de Menlle

Mámoa Nº 1 de Menlle - Catoira - San Pedro de Dimo

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

Trátase dun túmulo megalítico de aproximadamente 15 metros de diámetro e 1 de alto. Presenta un furado de violación central duns 3 metros de diámetro e 40 centímetros de fondo. Asemade, o volume da masa tumular parece estar lixeiramente rebaixado como consecuencia da actividade forestal desenvolvida nesta zona de monte.

A zona noroeste da base do túmulo posiblemente estea destruída como consecuencia da enorme focha existente nesta zona. Localízase a uns 20 metros ao leste da pista forestal e a uns 10 metros ao norte do camiño.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro dos Duros

Mámoa de Fontesanta

Mámoa Nº 1 de Menlle

Torre de Barral