Busca

Amosando 169 - 175 de 175 resultados da busca.

Laxe con gravados que se localiza na ladeira O do Monte da Pena.

Trátase dunha rocha plana, lixeiramente inclinada no sentido da pendente. Mide 0,80 metros no eixo N-S e 0,90 no L-O. Nela inscríbese unha composición consistente en sete coviñas moi erosionadas e case…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, o petróglifo non se atopou por estar cuberto de vexetación. Non obstante, o gravado consistiría nunha única coviña de gran tamaño localizada na parte inferior da laxe, moi próxima á cara O da rocha.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

Gran afloramento granítico que ocupa case a totalidade da horta dunha vivenda en Rianxiño. A laxe co gravado é a situada máis ao S, mide 9,40 metros no eixo N-S e 7,10 no L-O. O motivo consiste nun taboleiro de xogo de 40 centímetros de lonxitude. Por riba e por baixo aprécianse bastantes trazos que semellan corresponder a deseños prehistóricos, aínda que na actualidade están moi erosionados.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Laxe orientada ao S que se atopa moi preto do Petróglifo Nº 1 de Rianxiño, concretamente ao pé da fachada desa vivenda.

Mide 5,90 metros no eixo N-S e 3,50 no L-O. No S da rocha obsérvanse catro coviñas de 3 centímetros de diámetro. Na parte N da laxe vese un cruciforme,…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Gravados rupestres próximos ao Pazo de Rianxiño. Os motivos dispóñense sobre unha laxe plana de granito duns 5 metros de longo por 2 de ancho, orientada L-O. A laxe atópase a uns 3 metros ao L do acceso que cruza a zona en sentido N-S.

Compóñense de:


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Túmulo de reducidas dimensións que está parcialmente arrasado debido á construción da Autovía do Barbanza que o cortou pola metade.

Mide no seu eixo L-O 16,50 metros e no N-S 14,70. Ten unha altura de 1,50 metros. Presenta un burato de violación central de 5,80 metros (N-S) e de 5,10 (L-O), cunha profundidade de 0,40 metros. Do cono de violación sobresaen algunhas laxes…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

Emprazado no litoral da Ría de Arousa, nun promontorio rochoso orientado ao NO, pechando o esteiro formado pola desembocadura do río Té na Enseada de Rianxo.

A documentación escrita indica que foi…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía