Busca

Amosando 25 - 34 de 34 resultados da busca.

Localizado no pequeno adro da Capela de San Xosé Obreiro. Trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos e unha base ben labrada, con gorxa profunda serven de apoio a unha vara cuadrangular nos extremos, mais octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos con flor no centro de cada un afastadas por espirais. Cruz cilíndrica, biselada nos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten por alicerce tres chanzos, o primeiro deles case mergullado no alcatrán da praza. Base cúbica, ben labrada con gorxa fonda. A vara comeza e remata sendo cuadrangular, mais presenta sección octogonal na súa maior parte. Nesta última sección e pola banda da esquerda amosa diversos símbolos da Paixón e morte de Cristo. Así, de arriba abaixo, vemos: tenaces, martelo e escaleira de dez chanzos. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, con cabeciñas nas partes medias,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, doado por Felipe Aragunde no ano 2001.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruz emprazada no adro da Igrexa de Santa Baia de Oeste.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, ao carón da Igrexa de San Pedro de Dimo.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizado ao carón da Escola da Baiuca, trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo sobre tres chanzos de pedra cadradas colocouse un cubo, ben traballado e con gorxa fonda, no que se finca un varal, primeiro cuadrangular e despois octogonal, alto e descendente. Na parte cuadrangular e baixa amosa diversos símbolos da Paixón de Cristo. Así, no lado esquerdo, vemos látego en forma…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que ten por alicerce un só chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, na que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Na parte baixa da vara, e pola banda da esquerda, hai gravada unha escaleira de man de sete chanzos e no mesmo lado, mais xa na sección octogonal, vemos un cáliz de pouco vulto. A vara cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten tres chanzos de sustentación e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. A vara é cuadrangular nos tramos inferior e superior e octogonal no resto. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes centrais e espirais nas esquinas, con gran folla por debaixo. Cruz cilíndrica, con vultos dispostos simetricamente. Amosa polo anverso a figura dun Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, nó á dereita e pé…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Sobre plataforma de pedra que nivela o noiro do camiño, deitáronse dous chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que serven de soporte unicamente a unha cruz con figuras que amosa, por unha banda, a imaxe dun Cristo descabezado, de brazos case paralelos ao chan, nó á dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo, mentres que por detrás vemos unha Virxe das Angustias de dereitas: fillo coa cabeza á dereita do corpo da Nai e pernas á esquerda.


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos