Hórreo da casa reitoral de Santa Baia do Araño

Hórreo da casa reitoral de Santa Baia do Araño - Rianxo - Santa Baia do Araño

Imaxe: Galicia Máxica

O hórreo do Araño foi construído a finais do século XVIII, entre 1784 e 1805, sedo o crego Rafael López quen o mandou construír. Está localizado nos terreos da casa reitoral de Santa Baia do Araño, é o hórreo máis longo de toda Galicia (36'75 metros a cámara e 37'05 o celeiro), e o de máis capacidade se sumamos as capacidades da cámara (109'31 m3) e o celeiro (59'09 m3). Atópase a carón da Igrexa de Santa Baia do Araño e simboliza o inmenso poder que debeu de ter a igrexa na comarca no século XVII.

A base está conformada polo celeiro de cachotaría con rachas, e leva apegadas as escaleiras de acceso. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, de cantaría. A cámara péchase con perpiaños horizontais en ringleira e non se marcan as columnas. Leva sopena baixo o beiril, e as sobrepenas rematan en cruces flanqueadas por pináculos de bolas.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-HO001
  • Outras denominacións: Hórreo do Araño
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: Traba
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (H-001)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, aprobado inicialmente en maio de 2014

    Patrimonio Galego

    Rabunho Rexeita

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo do Burato

Hórreo das Miráns

Hórreo da Atalaia

Hórreo das Miráns