Gabeira Pequena ou da Cruz

Gabeira Pequena ou da Cruz - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Yamil Doval

A Gabeira Pequena ou da Cruz fórmase na desembocadura do rego de Quintáns no río Ulla.

No seu treito final o río Ulla baña os municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.

Un percorrido en tren desde Santiago de Compostela en dirección Vilagarcía de Arousa ou viceversa. ofrece a posibilidade de contemplar este espazo natural en toda a súa extensión.

Así, seguindo o río Ulla pola estrada comarcal que vai desde o centro urbano de Rianxo, dirección á parroquia de Santa María de Isorna, atopamos unhas paraxes incomparables, xa que o río neste treito forma un corredor rodeado de carrizais e pequenos montes que lindan coa Serra do Barbanza.

Entre estas paraxes destaca a aldea de Quintáns, situada nun lugar privilexiado do concello, á beira do río Ulla e aos pes do Monte Quintáns, a cal conserva moitas casas antigas e multitude de hórreos, ademais dunha peculiar zona, onde o embarcadoiro, na que se atopan unha fonte e un muíño bastante ben conservado, e á beira do río, o chamado Cruceiro do Cabo.

Neste treito final do río que vai desde a Illa de Bexo até a súa desembocadura fronte á Illa de Cortegada, foron aparecendo, debido ao efecto das correntes mariñas, numerosos montículos ou illotes de area. Na marxe oposta do río, atópanse as Torres de Oeste, pertencente ao municipio de Catoira.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-NA023
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Espazos naturais
  • Cronoloxía:
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Quintáns
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 - LIC (Lugar de Interese Comunitario)

    Decreto 37/2014 - ZEC (Zona Especial de Conservación)

    Decreto 37/2014 - Rede Natura 2000

    Real Decreto 103/2003 - Espazo Natural do Plan Hidrolóxico Galicia Costa

  • Referencias:

    Rianxo | O mar feito tradición

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Campo Maneiro

Praia da Ribeira

Enseada de Rial

Enseada de Rianxo