Cruceiro dos Xens

Cruceiro dos Xens - Rianxo - Santa Baia do Araño

Imaxe: Arquitectura Tradicional dos Galaicos

Cruceiro de granito situado nun extremo do lugar dos Xens, sobre a marxe norte da estrada que comunica Os Xens e A Capela. Plataforma de tres chanzos e pedestal cúbico coa data de construción inscrita (1773). Fuste de sección octogonal e capitel adornado con figuriñas de querubíns, cunchas, volutas e decoracións vexetais. A cruz, con aspecto leñoso, ten un Cristo no anverso e unha Virxe que cruza as mans sobre o peito no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER002
  • Outras denominacións: Cruceiro dos Xens
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1773
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: Os Xens
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-002)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz das Miráns

Cruceiro da Capela

Cruceiro de Souto

Cruceiro da Capela de San Bartolomeu