Lavadoiro de Salgueiriños

Lavadoiro de Salgueiriños - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Óscar Miguéns Moares

Lavadoiro situado á beira do regato dos Campelos, nun espazo verde lo lugar da Vacariza, xunto ao Muíño de Salgueiriños. Lavadoiro de planta rectangular delimitado por unha estrutura de muros de cantaría de granito que conforman as canles e o paso sobre o regato. Cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira, apoiada en catro pilastras de granito, baixo a que se sitúa o lavadoiro con escaleira lateral de acceso. Lousas inclinadas para lavar a ambos lados.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA013
  • Outras denominacións: Lavadoiro Novo da Vacariza
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: A Vacariza
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-013)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro da Igrexa

Lavadoiro de Rial

Muíño da Lagarteira

Muíño de Quintáns