Fonte e lavadoiro da Igrexa

Fonte e lavadoiro da Igrexa - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: Maca Blanco

Conxunto de fonte e lavadoiro situado detrás da Igrexa de Santa María de Leiro. Espazo delimitado polos muros de peche das fincas, de cachotaría de granito, ao que se accede a través do camiño que bordea o adro da igrexa. Fonte de dous canos composta por un volume prismático de cantaría e pía rectangular de grandes dimensións da que parte a canle ao lavadoiro. Lavadoiro situado ao fondo, a un nivel inferior, resolto con grandes pezas de cantaría.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA023
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-023)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    CRA de Rianxo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño das Pedras

Muíño da Ferreiría

Muíño da Laxe Pequena

Lavadoiro de Rial