Casa do 'Parque de los Patricios'

Casa do 'Parque de los Patricios' - Rianxo - Santa María de Asados

Edificación en esquina de planta trapezoidal situada no cruce das estradas de Burés e Asados. Vivenda de dous andares e cuberta a catro augas de tella, realizada con muros de cachotaría, con remates de cantaría nas esquinas, nos recercados dos ocos e na imposta. Fachadas de composición simétrica con ventás balconeiras no segundo andar e accesos nas tres fachadas que dan á rúa mediante portas de dúas follas de madeira con molduras. Ten unha edificación anexa na fachada sur, de planta baixa e cuberta a dúas augas con accesos desde a rúa e desde a finca.

O nome da chamada tamén “Taberna de Abaixo”, ven dado polo parque do mesmo nome da cidade de Bos Aires na que residiu moitos anos o propietario que a constrúe, alá polos primeiros anos do século XX. Este parque era moi frecuentado polos galegos emigrados en Bos Aires.

Esta casa deu nome a unha serie de artigos sobre información internacional no xornal “La Noche” de Santiago de Compostela que estaba dirixido, daquela, por Raimundo García Domínguez “Borobó” e que explica nun artigo en primeira páxina, con data de 22 de xullo de 1963, chamado Anacos, a procedencia do nome “El Parque de los Patricios”. Di:

“Los miles de excursionistas que estos calurosos domingos buscan en las playas arosanas de la derecha alivio al cuerpo y solaz al espíritu tropiezan siempre en el punto clave de la excursión –donde ha de elegirse entre Tanxil y Barraña- con el rótulo, un tanto extraño, de una parada y fonda en el camino: Parque de los Patricios.

Lleva allí en el cruce de Burés, quizá cuarenta o cincuenta años. Lo recordamos siempre y ya hace miles de 'anacos', hemos aludido a el. Creíamos que correspondía a la dichosa época en que se llamaba patricios a los caciques. que era un homenaje en el vértice de su influencia política ya histórica, a los Gasset y a sus grandes muñidores: Viturro y don Carlos Pazos.

Pero no, mejor informados por quien contempló hace medio siglo, en las afueras de Buenos Aires un título igual, podemos deducir que lo de 'Parque de los Patricios' es una transposición una devolución a la tierra originaria, de una denominación peculiarmente americana, 'Parque de los Patricios' era sin duda allá en Buenos Aires y quizá sea siendo, un Panteón alegre y vivaz al aire libre, de las insignes figuras de la historia argentina hacia las cuales tanto culto sintieron, y acaso sientan aun criollos e inmigrantes…”.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AC013
  • Outras denominacións: Taberna de Abaixo
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Burés
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-009)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Coto de Burés

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa reitoral de Santa María de Asados

Escola do Vilar

Casa de Manuel Antonio de Asados

Escola de Rañó