Petróglifo Nº 15 dos Campos

Petróglifo Nº 15 dos Campos - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:

- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.

- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).

- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.

- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.

- Posible femia preñada.

- Cervo macho en actitude de bradar.

- Animal con aspecto de felino.

- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.

Este petróglifo está gravado sobre unha laxe de 3 metros de lonxitude, dos que tan só hai 1 metro visible, estando o resto soterrada e orientada N-S. Presenta na zona norte un motivo formado por catro círculos concéntricos de 25 centímetros de diámetro máximo, cun apéndice indeterminado pegado ao leste.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ099
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Os Campos
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072111)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 3 de Cuncha Vieira

Mámoa de Abuín

Petróglifo Nº 7 dos Campos

Petróglifo Nº 4 do Monte Picoto