Mámoa Nº 2 de Cuncha Vieira

Mámoa Nº 2 de Cuncha Vieira - Rianxo - Santa María de Leiro

Conxunto de tres túmulos situados nun espolón do Monte Lioira, no lugar de Cuncha Vieira. Atópanse 800 metros ao sur-sueste do outro conxunto megalítico dos Campiños. Trátase de mámoas moi cubertas pola vexetación, entre as que destaca un túmulo de gran tamaño.

Este túmulo mide 18,40 metros no eixo N-S e 21,10 metros no L-O. Conserva unha altura de 1,80 metros. Ten un pequeno burato de violación central que mide 2,15 metros (N-S) e 1,80 metros (L-O). A súa profundidade é de 0,70 metros.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ073
  • Outras denominacións: Mámoa Nº 8 dos Campiños
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: Cuncha Vieira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072079)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 dos Campos

Mámoa Nº 3 do Monte da Pena

Petróglifo Nº 10 do Monte Pelotiña

Petróglifo Nº 1 do Toural