Praza do Fiado

Praza do Fiado - Padrón - Santiago de Padrón

Historicamente coñecida como Praza do Fiado, mais desde o 16 de xullo de 1920 baixo a denominación actual de Praza de Macías O Namorado. A configuración actual da praza xurdiu tras o derrubamento de algunhas casas que ocupaban este espazo.

O trobador medieval Macías O Namorado dá o actual nome a esta praza. Macías O Namorado foi un trobador e poeta medieval galego, nado en Sande (Carcacía) no século XIV-XV, de familia nobre e educado nas letras e nas ciencias. Deixou moi novo Carcacía, a súa terra natal, para converterse en doncel de don Enrique de Aragón, momento no que coñeceu á que sería a súa amada. Viviu para un só amor e morreu dunha soa ferida, traxicamente, en Arjonilla (Xaén). Outorgáronselle, 21 poemas do Cancionero de Baena e unha lenda de namorado atrevido da que existen actualmente diversas crónicas coincidentes no seu desenlace.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AC021
  • Outras denominacións: Praza de Macías
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Praza de Macías
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Padrón Turismo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa da Azucreira

Escola de Cruces

Casa do Administrador da Orde Terceira

Casa reitoral de San Pedro de Carcacía