Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Fronte ao Pazo da Hermida, nunha horta preto do peche.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito de 35 centímetros de alto. Os soportes son seis pés en forma de columnas de sección cuadrangular, dispostas de dúas en dúas. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada par de pés. Ten dous claros con balaústres de madeira en dúas cintas, con porta de madeira no lateral sur. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro con porta de madeira e penal traseiro de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella plana. Os remates son unha cruz latina no penal dianteiro e un pináculo estilizado sen bóla no lado oposto. Orientado ao NE.

No 2010, un veciño dixo que debe ser moi antigo, aínda que non se puido precisar canto. Dataría de comezos do século XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO140
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Boa, restaurado hai uns anos.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 37)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Teaio

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Rial da Lagoa

Hórreo de Vigo