Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Pexegueiro - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado na zona coñecido como A Eiriña.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, e de gran tamaño. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito alta, duns 3 metros de altura máxima (localízase nunha costa). Baixo o claro sur a repisa é de perpiaño de granito. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente sobre a repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten cinco claros, con balaústres de madeira e unha cinta, conservando dúas portas de madeira no lateral oeste. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra, non conservando a folla de madeira da porta, e penal traseiro tamén de pedra cuberto de vexetación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, aínda que só se conserva en dous claros, e en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao N.

No 2010, di un veciño que debe ser o máis antigo da aldea, de máis de cen anos seguro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO085
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Pexegueiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, a madeira está en moi mal estado, faltando nalgúns tramos, así como a cubrición, que non se conserva enteira. Dous claros e medio están totalmente desmontados.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 118)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Imo

Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Manselle

Hórreo de Bustelo