Cruceiro do Castro

Cruceiro do Castro - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Xoán Xosé Vicente

Atópase ao longo dunha pista, mirando á igrexa parroquial. Actualmente está bastante oculto entre as árbores.

Cruceiro de granito. Non ten baseamento, está sobre unha rocha natural. Non ten pedestal. O varal é de sección octogonal, con pedestal cuadrangular, moldurado. O capitel é cuadrangular, moldurado con cuarto bocel e mediacana. A cruz é de sección octogonal, con remates florenzados con botón central.

Ten máis de 100 anos. A denominación de Cruz do Castro pode facer referencia a un asentamento fortificado no lugar, que non está catalogado nin hai restos visibles. Próximo, a uns 200 metros, atopouse unha cabeza de pedra na esquina dun penedo de forma cúbica, como as que se atoparon en varias defensas castrexas. Na contorna hai lendas de mouros e a 300 metros máis ao norte está a Fonte do Sebreiro, onde os ditos din que se ven luces e unha moura. Na contorna tamén está a Gran Pedra Redonda que foi deixada alí por un xigante. Por estar nun penedo cabe a posibilidade de cristianización de ritos pagáns.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER029
  • Outras denominacións: Cruz de Castro ou Cruz do Agro
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Dodriño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, gravemente alterado (o capitel está roto). Sería preciso reconstruír o capitel e limpar a pedra.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-29)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Bustelo

Cruceiro do Abelán

Cruceiro de Dodriño

Cruceiro da Arregañada