Xacemento da Veiga de Abaixo

Xacemento da Veiga de Abaixo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Refoxeiro

Localizáronse fragmentos de tégula galaico-romana neste lugar. En prospección realizada en 2009, constatouse a existencia de máis fragmentos de tégula moi rodados. Ademais, tamén se observa un crecemento desigual no millo plantado nesta zona, o que fai indicar a presenza de estruturas soterradas.

Dada a súa proximidade ao leito do río Ulla, puido ser unha estación portuaria, ou outra construción vinculada co río.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AQ007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Época romana
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Veiga de Abaixo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Atópase divido por un camiño e algunhas partes están cubertas pola vexetación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033007)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 1 de Paradegua

Gran Pedra Redonda

Mámoa do Monte Picoto

Petróglifo da Bouza Nova