Castro de San Xián

Castro de San Xián - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Refoxeiro

Asentamento fortificado que non posúe estruturas visibles, agás na parte sur e oeste, onde se pode ver a estrutura de peche. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica castrexa. O seu estado actual fai que as súas dimensións sexan indeterminadas, mais cun mínimo de 80 metros de diámetro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AQ004
  • Outras denominacións: Monte de San Xián
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Revixós
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Atópase gravemente alterado e ten un depósito de auga sobre a súa superficie.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033004)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 1 do Padronelo

Pedra Ventureira

Castro de San Xián

Petróglifo de Bouza Badín