Ponte de Cores

Ponte de Cores - Catoira - San Mamede de Abalo

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

Esta ponte levantouse sobre o río do Batán para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso pola parroquia de Abalo. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como no peitoril e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar.

Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma o peitoril, a da canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme. Ao pé dun dos muros protectores da ponte, sitúase un bolardo granítico de forma cilíndrica que, con toda seguridade, serviu para facilitar o amarre das bestas que servían de cabalgadura (cabalos e burros) ou forza motriz animal (cabalos) aos arrieiros profesionais e viaxeiros en xeral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-OC014
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Mamede de Abalo
  • Lugar: Cores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_004) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Cristina Conde Escaloni

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pontella de Portocelo

Pombal Nº 2 do Pazo da Baiuca

Pombal de Freixeiro

Pontella de Freixeiro