Muíño de marea do Cura
Imaxe: haiqueterghanas.blogspot.com
A finais do século XIX, José Vázquez Rodríguez recibiu en herdanza o muíño. Nas escrituras correspondentes ás propiedades desta familia en Catoira, atópase unha alusión a que o 1 de xaneiro de 1886 xa estaba rexistrada a finca na que se sitúa o muíño, mais non fan mención a este.
Xa na segunda metade do século XIX, aínda non se coñece a data exacta da súa construción, aínda que se sabe que xa existía cando a liña do ferrocarril Cornes-Carril, atravesou a presa do muíño, en 1873.
Ten unhas características especiais, xa que se trata dun muíño que combina o aproveitamento da marea e do río, segundo as oscilacións da marea. O muro da presa, en si mesma, ten unhas dimensións reducidas, aínda que continúa máis aló a través do propio edificio, que fai tamén de muro da mesma.
Trátase dunha edificación de planta rectangular irregular de tres alturas, construída con perpiaños nos andares primeiro e segundo, e combinado con cachote no andar baixo e no espazo destinado a moer. Ten dúas portas de acceso desde o exterior (correspóndese coa parte do interior da presa) e unha terceira na fachada sueste. As fiestras están realizadas con pezas de cantaría e a cuberta a dúas augas era de tella, mais hoxe en día non quedan restos desta última. O andar baixo está dividido en dúas partes: na primeira ten dúas entradas de auga para mover dous rodicios; na segunda ten unha canle diferente realizada en cantaría, non empregada nos muíños de mareas, que vai do interior da presa ao exterior sen ningún estreitamento e practicamente non existe información sobre a función desta canle. Nela estivo instalado un rodicio que podería ser para un posible muíño que traballaba ao encher a marea, ou que fose un aliviadoiro da auga da presa, e que despois se aproveitase para instalar un muíño nela.
O primeiro andar tamén ten dúas zonas non comunicadas interiormente, unha dedicada á moenda, onde os muíños estaban nun piso a nivel superior que o resto; a outra dedicada probablemente a vivenda, estaría o posible muíño que se corresponde coa comentada canle. Houbo un segundo andar na zona da vivenda, da que só se conservan indicios nas paredes exteriores, enriba desta había un faiado.
- INFORMACIÓN
- Código: CA-AA003
- Outras denominacións: Muíño do Machón
- Tipoloxía: Arquitectura da auga
- Cronoloxía: Século XIX
- Concello: Catoira
- Parroquia: San Miguel de Catoira
- Lugar: Catoira
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Na actualidade atópase nun estado de deterioro avanzado polo paso do tempo.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_001) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.667518691852 , -8.7283459587622
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.