Busca
Un pequeno sendeiro leva desde a Ermida de San Pedro de Vilas até a coñecida como Fonte da Tixola.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
O pozo foi construído cando a casa, no ano 1916. Conta cunha entrada por un lateral a través dun túnel escavado na pedra, como se dunha mina se tratase. Do fondo do mesmo, sae un rego de auga que emboca nunha especie de lavadoiro.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
O Muíño do Prado de Isorna está situado á beira do regato de Quintáns.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.
Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.