Busca

Amosando 289 - 312 de 394 resultados da busca.

Fonte e lavadoiro situado xunto ao acceso da Igrexa de San Salvador de Taragoña, na contorna da finca da casa reitoral, á que tamén se lle coñece co nome de Fonte do Cura. Está situada a un nivel inferior,…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Paradela.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte de pedra situada no espazo central do lugar de Paradela. Está composta por un corpo troncopiramidal de cantaría de granito, sobre unha pía rectangular delimitada por tres lousas cun pequeno mesado acaroado nun lateral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Extensión de area cunha lonxitude duns 50 metros, xunto ao Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias do Tronco e…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Parte saínte da costa na que se localiza o miradoiro de Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Tamén coñecida polo nome da Punta da Posta, trátase dunha parte saínte da costa localizada entre a Praia da Torre e a Praia do Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

O Monte do Araño atópase a 250 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

Laxe con gravados rupestres situada nun pequeno outeiro da ladeira O do Monte da Pena.

A laxe mide 6,05 metros (NL-SO) e 2,80 (NO-SL). Presenta moitas diaclasas e sucos de canteiro, mais os gravados son ben visibles e concéntranse na metade N da rocha. Os motivos consisten…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Laxe con gravados que se localiza na ladeira O do Monte da Pena.

Trátase dunha rocha plana, lixeiramente inclinada no sentido da pendente. Mide 0,80 metros no eixo N-S e 0,90 no L-O. Nela inscríbese unha composición consistente en sete coviñas moi erosionadas e case…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Conxunto de fonte e lavadoiro xunto a un muíño, á beira da estrada principal que leva a Pastoriza. Lavadoiro de planta rectangular cun pequeno tanque acaroado nun dos extremos. Lousas inclinadas en dous dos seus lados e fonte dunha peza de granito nunha esquina, que verte directamente ao lavadoiro.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Outeiro, na marxe do rego do Floxo.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Cuvide.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Fonte Susán.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar da Laxe.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Cheminea construída en ladrillo, cunha altura duns 15 metros aproximadamente, de forma cónica. Localizada na Praia da Torre, pertencía a un antigo serradoiro, posteriormente reconvertido a fábrica de flotadores de batea.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura industrial

Parte saínte da costa preto da Praia do Tronco.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Pequeno illote de rochas fronte á Praia do Castiñeiro.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Entrante da Ría de Arousa en Rianxo que serve de abrigo ás embarcacións.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, o petróglifo non se atopou por estar cuberto de vexetación. Non obstante, o gravado consistiría nunha única coviña de gran tamaño localizada na parte inferior da laxe, moi próxima á cara O da rocha.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

Gran afloramento granítico que ocupa case a totalidade da horta dunha vivenda en Rianxiño. A laxe co gravado é a situada máis ao S, mide 9,40 metros no eixo N-S e 7,10 no L-O. O motivo consiste nun taboleiro de xogo de 40 centímetros de lonxitude. Por riba e por baixo aprécianse bastantes trazos que semellan corresponder a deseños prehistóricos, aínda que na actualidade están moi erosionados.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Laxe orientada ao S que se atopa moi preto do Petróglifo Nº 1 de Rianxiño, concretamente ao pé da fachada desa vivenda.

Mide 5,90 metros no eixo N-S e 3,50 no L-O. No S da rocha obsérvanse catro coviñas de 3 centímetros de diámetro. Na parte N da laxe vese un cruciforme,…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía