Busca
Muíño de planta cadrada a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría, coa parte máis alta próxima ao curso do río, lucida con morteiro de cemento. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga
Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas, con rematado de tella curva.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte de corpo principal de cantaría coroado con pezas molduradas perimetralmente e acabado circular. Ten dous canos metálicos que verten as súas augas a unha pía encastada no solo.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, con moldurado perimetral e muros de contención nos lados a base de cachotaría. Pía prismática e un só cano.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, cun só cano e pía elevada sobre columna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, cun só cano e pía encastada. Presenta un pequeno banco nun dos laterais.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte na cabeceira dun hórreo, cun só cano de pedra e acceso mediante dous chanzos. Perimetralmente está protexida por unha varanda tubular
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga con remate de tella camba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Construción a partir de muros de cantaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella camba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Pexegueiro, antigo lavadoiro da aldea.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de pedra. Esta atópase integrada por un paramento vertical executado en cantaría e rematado de forma circular na súa parte superior, rebaixado na súa fronte, cun só cano, e unha pía onde cae a auga. Perimetralmente, polo sur, muro de contención.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño de planta rectangular e estrutura a partir de muros de cadeirado e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Extensión de cantos e pequenas pedras na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, a praia é mais ou menos extensa. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Este espazo, onde se ergue o Cruceiro do Salgueiral, é o antigo linde que…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Túmulo na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía
Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía
O dicionario da Real Academia Galega define o termo enseada como un “entrante do mar na terra, máis pequeno ca o golfo, que pode servir de abrigo ás embarcacións”. Esta enseada atópase no tramo final do río Ulla, que se localiza entre a zona de Padrón, e a de Vilagarcía de Arousa e Rianxo. É neste último tramo onde está…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.