Busca
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Pontella levantada sobre o rego San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Palco da música no lugar de Cores, de planta hexagonal e construído en granito.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Nunha das torres da fachada principal do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente.
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.