Busca
No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Edificación que acolleu a Casa do Concello de Pontecesures durante 49 anos, desde a segregación de Cesures do Concello de Valga en 1925, até a inauguración da actual casa consistorial en 1974. Na actualidade alberga a biblioteca municipal.…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Cruceiro do tipo de crucifixo nunha encrucillada de camiños en Pousada. Sufriu as inclemencias meteorolóxicas e foi restaurado posteriormente polo Concello de Rianxo.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil
Edificación hoxe desaparecida, inaugurada no ano 1952. Emprazábase onde na actualidade está o edificio da Cafetería As Torres. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
Pía bautismal do século XVIII onde foron bautizados o 20 de xullo de 1871 Ovidio e Gala (Ovidio Emmanuel e Gala Blanca Eleonora) Murguía Castro, os fillos xemelgos de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, nados nas Torres de Hermida en Lestrobe, o día 2 do mesmo mes.
Colocada…
Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.