Busca
Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Lavadoiro con predominio da lonxitude sobre o ancho, con seis pedras de lavar por cada lado, e con cuberta cunha estrutura de columnas de pedra e vigas de madeira sobre as que descansa un armazón de madeira con tella curva.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).
En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Un pequeno sendeiro leva desde a Ermida de San Pedro de Vilas até a coñecida como Fonte da Tixola.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
O pozo foi construído cando a casa, no ano 1916. Conta cunha entrada por un lateral a través dun túnel escavado na pedra, como se dunha mina se tratase. Do fondo do mesmo, sae un rego de auga que emboca nunha especie de lavadoiro.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
O Muíño do Prado de Isorna está situado á beira do regato de Quintáns.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.