Busca

Amosando 3793 - 3816 de 3967 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de desencravo, co baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. O pedestal é de feitío cúbico. Varal monolítico de base rectangular e desenrolo posterior oitavado en progresivo estreitamento ascendente. O capitel ten feitío troncoprismático invertido. A cruz é de tipo latino, con sección ortogonal por rebaixe das arestas laterais, aínda que cos lados desiguais. Anverso amosando a…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular conformado por tres chanzos cons bloques xunguidos con cemento. Pedestal dun só corpo. Varal monolítico de base con sección cuadrangular e desenrolo oitavado. A cruz é de sección circular con nós de feitío latino. No anverso amósase a escena da Crucifixión e o reverso a imaxe da Virxe.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruz exenta localizada a escasos metros do Camiño Real. Aséntase sobre pedestal cúbico. É de feitío latino. Presenta nós en todo todo o seu desenrolo para imitar unha aparencia leñosa. Sección cuadrangular na base e corpo oitavado por rebaixe das arestas. Está formado por tres bloques líticos: fuste, brazo menor e cabeceira. Carece de inscricións ou gravuras.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruz pintada localizada sobre un afloramento granítico. Está orientada de fronte ao camiño que seguen as procesións.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruz elaborada dunha soa peza, de feitío latino. Sección cuadrangular no arranque e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Lados desiguais, sendo maiores en anchura os principais e menores os dos cantos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruz sobre pedestal cubicoide. Cruz de tipo latino estruturada en dous módulos. O primeiro a modo de varal e o segundo a modo de brazo menos e cabeceira. Base cuadrangular e desenrolo oitavado polo rebaixe das arestas.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Situado nunha finca rodeado por un muro alto de cachotería de pedra. Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Raxoi.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta cuadrangular que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Desabanda.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en fábrica de pedra e cuberta de tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pontella que salva ao río Valga, formada por dous muros de pedra asentados en seco, sobre os que se sitúa unha lousa de granito de 0,67 metros de ancho e 3 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado nunha finca do cura ao carón da Igrexa de Santa Cristina de Campaña. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso dun regato afluente do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, coa cuberta de tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado no campo da festa de Cordeiro. De base poligonal e construído en metal e pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pontella sobre o río Valga que conserva as bases orixinais de pedra, mais a plataforma está formada por unha prancha de formigón


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Capela de planta rectangular, cuberta a dúas augas e cerramentos de fábrica de Hera. A súa fachada principal posúe un Santiago peregrino, situado nunha furniña, por riba da porta principal. Segundo se conta, esta imaxe foi atopada fai máis de 150 anos baixo terra, no  lugar coñecido como Fonte do Apóstolo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa