Busca
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Peto de ánimas no lugar de Pedroso do Norte, do que abrolla auga a través dun cano de pedra que vai dar a un lavadoiro.
Segundo contan os veciños, o peto é un engadido relativamente recente (século XX). As imaxes (Virxe das Angustias, San Francisco...) estaban nunha…
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruz inserida nunha rocha no lugar de Extramundi de Arriba, a escasos metros do muro de peche do Pazo da Torre do Monte.
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz localizado no interior dunha propiedade privada no lugar de Cruces. O capitel é de forma redondeada e a cruz de forma cadrada, mais talladas de forma irregular.
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruz e gravado no lintel de acceso a unha vivenda no lugar da Porta dos Mariños.
O texto que segue a continuación é autoría de Fernando Cabeza Quiles.
Xa hai ben anos que nos chamou a atención o topónimo…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.