Busca
Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.
Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos
Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Peto de ánimas no lugar de Pedroso do Norte, do que abrolla auga a través dun cano de pedra que vai dar a un lavadoiro.
Segundo contan os veciños, o peto é un engadido relativamente recente (século XX). As imaxes (Virxe das Angustias, San Francisco...) estaban nunha…
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruz inserida nunha rocha no lugar de Extramundi de Arriba, a escasos metros do muro de peche do Pazo da Torre do Monte.
Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz localizado no interior dunha propiedade privada no lugar de Cruces. O capitel é de forma redondeada e a cruz de forma cadrada, mais talladas de forma irregular.
Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos
Cruz e gravado no lintel de acceso a unha vivenda no lugar da Porta dos Mariños.
O texto que segue a continuación é autoría de Fernando Cabeza Quiles.
Xa hai ben anos que nos chamou a atención o topónimo…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos
Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos
Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruceiro do tipo de cruz nunha propiedade privada no lugar de Tarrío. Comeza cunha plataforma de dous chanzos sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dúas arestas superiores chafranadas de forma convexa. O fuste comeza de forma cadrada e logo pasa a ser octogonal. Na parte cadrada ten unhas molduras. O capitel comeza cunha moldura de forma octogonal e continúa con varias molduras máis que van crecendo en tamaña cara arriba. A cruz é de sección…