Busca
Por baseamento ten un bloque granítico irregular. O pedestal é de forma pseudocúbica. A cruz é de cantería, feitío latino e sección octogonal por rebaixe das arestas.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.
Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e…
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.