Busca
Esta foi a casa, hoxe desaparecida, onde naceu Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como Carolina Otero ou A Bela Otero.
O texto que segue a continuación foi extraído de culturagalega.gal, escrito por Encarna Otero Cepeda en 2007.
Agustina Otero Iglesias, Carolina Otero ou A Bela Otero, naceu, segundo ela mesma dixo, un 4 de novembro…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil
A casa orixinal, e o escudo, pertencían a Don Pedro de Antelo. A casa tiña unha capela, de feito pola microtoponia usada pola xente maior de Balleas, alí ao lado aínda se lle chama Tras da Capela, facendo referencia á desaparecida capela. Cando se derruíu conservouse o escudo. Don Pedro de Antelo ademais de casa grande, capela, escudo... tiña moitas terras, razón pola que no lugar aínda se manteñen nomes como A Horta de Antelo.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil
Vivenda con dous gravados na pedra: un tríscele sobre o pé dereito dunha porta e unha cabeza cortada.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.
Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas
Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.
Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.