Busca

Amosando 97 - 99 de 99 resultados da busca.

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Trátase dun espazo natural rodeado de vexetación (loureiros, eucaliptos, silveiras, fentos...) no cal existe un sendeiro que nos leva até a punta e a un pequeno areal, no cal aínda se poden apreciar restos arqueolóxicos do xacemento romano…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Esquecido durante anos, a súa contorna foi limpada e é o único forno de cocción de louza de Bamio que conserva estrutura aínda en pé. Na memoria oral consérvase que neste forno cocía ás veces o louceiro José Casal.

Segundo a descrición de Luciano García Alén, os fornos de Bamio eran similares aos fornos antigos de Buño, cilíndricos, abertos na parte superior, duns 2 metros de altura e 2,5 metros de diámetro, cos muros de…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial

Segundo se conta na web de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), a primeira elaboración de gasosas en Galicia fixérase en Santiago en 1874, tal vez naquel restaurante que inaugurara na compostelá rúa das Orfas o suízo Antonio Mengotti, como outros compatriotas fuxido do Cantón dos Grisones na procura dunha vida mellor. Dous anos máis tarde, abríase na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura industrial