Busca
Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga
Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.…
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.
Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil
Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Situado nunha finca rodeado por un muro alto de cachotería de pedra. Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Emprazado no interior dunha finca rodeado de parras, ao carón da estrada que une San Miguel con Raxoi. Pombal de planta circular duns 4 metros diámetro, rematado con tella curva do país. O conxunto posúe unha pequena porta de acceso ao seu interior e un beiril para as pombas.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta rectangular, con muros de cachotería granítica e pezas de cantería en esquinas, linteis e xambas. En alzado desta a liña de imposta e dous pináculos marcando a fachada principal. Cuberta inclinada a unha auga, acabada en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Obra civil
Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de San Miguel de Valga.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Raxoi.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta cuadrangular que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Desabanda.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de Santa María de Xanza.
Valga - Santa María de Xanza | Obra civil
Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en fábrica de pedra e cuberta de tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a Casa do Sisto.
Valga - Santa María de Xanza | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
A Ponte do Souto ou do Camiño Real, cruza o río Valga, emprazándose no antigo Camiño Real que na actualidade está anulado polo trazado do ferrocarril. A ponte está realizada mediante tallamares de pedra e taboleiro alintelado, tamén de pedra. Dátase da época medieval, aínda que popularmente é coñecido como a Ponte Romana.