Busca

Amosando 169 - 192 de 791 resultados da busca.

Hórreo no lugar do Salgueiral.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos

Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións da casa reitoral de Bamio. Exteriormente érguese sobre o muro do patio, en cambio, no interior este alzase sobre uns arcos de medio punto lixeiramente peraltados. O acceso realizase mediante unha escaleira pétrea que se ergue ao lado dos…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos

Pontella sobre o rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Muíño de cubo na ribeira do rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.


Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arquitectura da auga

Muíño na ribeira do rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Muíño na ribeira do rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).

O porto aínda conserva a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Situado nunha finca rodeado por un muro alto de cachotería de pedra. Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Emprazado no interior dunha finca rodeado de parras, ao carón da estrada que une San Miguel con Raxoi. Pombal de planta circular duns 4 metros diámetro, rematado con tella curva do país. O conxunto posúe unha pequena porta de acceso ao seu interior e un beiril para as pombas.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta rectangular, con muros de cachotería granítica e pezas de cantería en esquinas, linteis e xambas. En alzado desta a liña de imposta e dous pináculos marcando a fachada principal. Cuberta inclinada a unha auga, acabada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Raxoi.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta cuadrangular que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Desabanda.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en fábrica de pedra e cuberta de tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil