Busca

Amosando 121 - 144 de 262 resultados da busca.

A parcela sitúase nunha elevación sobre o río Valga, nunha zona agrícola. Trátase dunha antiga casa grande cunha planta en L. No seu lado máis longo engadíuselle outro corpo. Muros de cachotería de pedra. Carpinterías de madeira de faces exteriores. As cubertas son inclinadas e rematadas en tella do país. A finca posúe edificacións adxacentes como alpendres, hórreo e pombal, todos en pedra.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura civil

Este edificio, que destaca pola súa sobriedade e racionalidade construtiva, está feito nun soar elevado con respecto á rúa, o que lle permite ter amplas vistas e unha situación destacada na contorna. O recinto está pechado por un muro de pedra no que se integra unha escalinata central para poder acceder a el.

Trátase dun edificio dun só andar, de…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Fonte no Monte da Cabana.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Cerneira.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cimadevila.
 


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Casa grande no lugar do Forno.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Esta foi a casa, hoxe desaparecida, onde naceu Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como Carolina Otero ou A Bela Otero.

O texto que segue a continuación foi extraído de culturagalega.gal, escrito por Encarna Otero Cepeda en 2007.

Agustina Otero Iglesias, Carolina Otero ou A Bela Otero, naceu, segundo ela mesma dixo, un 4 de…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

Fonte e lavadoiro no lugar da Medela.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar do Campo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Beiro, a poucos metros da Igrexa Vella.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

A casa orixinal, e o escudo, pertencían a Don Pedro de Antelo. A casa tiña unha capela, de feito pola microtoponia usada pola xente maior de Balleas, alí ao lado aínda se lle chama Tras da Capela, facendo referencia á desaparecida capela. Cando se derruíu conservouse o escudo. Don Pedro de Antelo ademais de casa grande, capela, escudo... tiña moitas terras, razón pola que no lugar aínda se manteñen nomes como A Horta de Antelo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Fonte no lugar da Codeseira cuxas augas eran potables até que o Concello de Catoira canalizou as augas sucias por enriba e contaminou as augas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

O Muíño Didáctico de Campaña emprázase no lugar do Souto, na marxe do río Valga.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Fontenlo, á beira do Camiño Portugués, restaurado no ano 2020.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar do Campo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Presa construída en pedra no leito do río Valga, próxima ao Muíño do Naval.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Presa construída en pedra no leito do río Valga. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Muíño de Lamas.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga