Busca

Amosando 97 - 120 de 1221 resultados da busca.

Un total de tres muíños que, identificados de noroeste a sueste, reciben os nomes de: Muíño do Monte Mesón, Muíño de Míguez e Muíño do Loureiro. Trátase dunha tipoloxía de muíño moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre é cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes son de cachotes con rachas, dun grosor máximo de…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Muíño de vento no Monte Beiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Dique tradicional situado nas proximidades da Finca de Patiño. Nela entraban os navíos para efectuar traballos de carga e descarga. Os diques son bacías artificiais de pequenas dimensións, construídas en desvíos das liñas de costa naturais. Estas bacías están en contacto permanente coas augas, neste caso co río Ulla.

Os diques son elementos fundamentais dos portos…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Fonte no Monte da Cabana.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).

En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Cerneira.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cimadevila.
 


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións que conforman Cedonosa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Fonte e lavadoiro no lugar da Medela.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga