Busca

Amosando 289 - 291 de 291 resultados da busca.

Pombal situado no interior da finca dunha vivenda no extremo norte do lugar de Isorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, enfuscados e pintados na parte superior, sobre o asoleirado perimetral. Cuberta cónica enfuscada sobre a estrutura principal e tellas sobre a cornixa, rematada cun pináculo. Porta alintelada de acceso nun lateral.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil